4 de mayo de 2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA PRESENTA A UN EQUIPO COMPROMETIDO COS VECIÑOS DE SALCEDA DE CASELAS


O candidato á Alcaldía e presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, foi o encargado de presentar un a un aos membros que o acompañan na candidatura, definíndoos como “un equipo unido e forte que traballa polo futuro de Salceda de Caselas, velando polas necesidades dos veciños e comprometéndose co pobo; un equipo de homes e mulleres, que proveñen dos diferentes sectores empresariais, en representación de todas as parroquias e que axunta experiencia e xuventude, de aí que 12 das 31 persoas sexan menores de 35 anos”.Rodríguez Davila pediu “a confianza de todos vós, convencido de que co voso voto apoiaredes a este equipo comprometido cos veciños, que traballará para que as medidas que hoxe vos presentamos sexan mañá unha realidade”.

http://ppsalceda.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario