29 de abril de 2009

II FESTA TREZECATORZEADORA‏




O vindeiro 9 de maio de 2009, a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze vai celebrar a súa II Festa Trezecatorzeadora no torreiro de festas de Salceda. Esta asociación naceu a finais do ano 2007 cando un grupo de amigos coas mesmas inquedanzas decidiron formalizala oficialmente, co seu correspondentes estatutos e rexistros. Dende a súa fundación desenrolou diversas actividades. Concretamente, no eido medioabiental e de consumo responsable colaborou con Adega no proxecto de limpeza de Ríos organizado a nivel de toda Galicia, desenvolveu varios roteiros de coñecemento do medio, organizou as xornadas de consumo responsable CONCIENCIA ECOLOXICA, que constaron de exposicións de productos ecolóxicos, comercio xusto, artesania, ong´s, obradoiros de reciclaxe, charlas e conferencias no auditorio municipal. No eido deportivo colaborou coa Liga Nacional de Billarda no Aberto de Salceda, dentro da Concerencia sur. Xa no ámbito cultural, unha vez o ano celebra a Festa Trezecatorzeadora. Aínda que se podería chamar de outra forma denomínase desta maneira polo seu carácter lúdico e festivo, non sendo un festival musical propiamente dito. O espiritu desta festa vai máis alá do musical e pretendese que sexa unha xornada chea de actividades de tódolos tipos e para todo o mundo, dende os máis cativos ata os máis maiores. As actividades van comenzar ás 12 horas no torreiro de festas coa actuación do mago Pablo co seu espectáculo "Se podes soñalo, podes facelo". Á mesma hora, haberá un pulpeiro para aqueles que queiran tomar un vermú e unha tapa de pulpo. Xa pola tarde, ás 16:00 horas comenzarán os xogos tradicionais, entre os que destaca o Aberto de Pincha Tradicional de Salceda, que xogará da forma tradicional da zona, ousexa por grupos de catro persoas. Un pouco máis tarde haberá un obradoiro de percusión a cargo de Laura Oliveira, recoñecida percusionista da comarca. "Todos somos artistos" é o proxecto de Oscar Rodríguez, un prestixioso artista afincado nas Illas Canarias que involucrará ós presentes nunha improvisación no mesmo torreiro. Ás 20:00 horas é o turno das AsSircopatas, que nos sorprenderán co seu "sirco de rúa". Despois é hora para unha regueifa musical cun grupo vasco (Azido Folklórico) e un galego (Grupode Gaitas de Castro Barreiro). Finalmente será o turno dos grupos musicais O Leo i Arremecaghoná, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo, O Sonoro Maxín e Dakídarría que deleitarán ós asistentes coas súas melodias. Como fin de festa, os Dj´s Superbombo e Infante terrible pincharán música para bailar e bailar...

24 de abril de 2009

Festas do Cristo 09 - Salvaterra de Miño


I Festa cabalar de Cabreira (Salvaterra de Miño)