A Comisión de festas da Concepción 2011 presentou no día de onte a IV FESTA GASTRONÓMICA DO XABARÍN, para a presentación contouse ca presencia de parte dos cociñeiros encargados de elaborar a receita o día da festa.
Para poder facer fronte as 1700 racións, prepararanse máis de 500 quilos de xabarín, 300 quilos de pataca e 150 quilos de arroz, a un prezo de 10 euros a ración, acompañada tamén de viño e pan. Para os que non lle guste o Xabarín teremos xamón asado ou callos.
Fecha:20 de marzo a partires das 10:00 hrs.
Lugar: Torreiro da festa da Virxe da Concepción, Salceda de Caselas.
Actividades da festa:
*Pregón a cargo de EREA CASTRO participante do concurso "RECANTOS" do programa LUAR da TVG.
*Actuación dun grupo musical.
*Actuación da Charanga "Divertida"
*Actuación do grupo de baile Dinamikdancers
*Chegada e saída da I Kedada de BTT - Xabarín 2011
*En caso de choiva haberá carpa
No hay comentarios:
Publicar un comentario