PREGON DA XIV FESTA DOS CALLOS DE SALCEDA
TEXTO ORIXINAL DE MANUEL BOTANA, XOSÉ MANUEL CONDE E MANUEL POMBAL
(Fulano, Mengano e Citano)
Queridos amigos e amigas, no nome de Fulano Mengano e Citano, moi bos dias.
Hoxe estamos noutro tipo de escenario, pra ler o pregón da decimocuarta festa dos callos de Salceda; e estamos aqui colaborando, pola grande amizade que nos une á xente desta fermosa vila. Pra todos un agarimoso saudo.
Nos Fulano Mengano e Citano non podemos pasar por alto que pra que esta festa teña o exito e a sona que ten, e imprescindibel a colaboracion de todos os mozos e mozas da vila, do Sr. Alcalde e toda a corporacion municipal, asi como dos funcionarios do concello, grupo municipal de intervencion rapida, policia local, da empresa Frigolouro.
E por suposto a colaboracion dos numeroso viciños que estiveron traballando arreo na praza do Concello, pra que todo estéa listo e en orde e poder asi celebrar esta maraton gastronómica.
Tamen é de destacar a asistencia masiva de viciños, visitantes e amigos chegados desde os mais diversos lugares de Galicia e Portugal. A todos eles a nosa benvida a esta decimo-cuarta edicion da Festa dos Callos de Salceda.
Pero non esquezamos que non viñemos aqui só pra saudar a todolos amigos,
senon para falar dos callos. Dado que estes callos de Salceda dan muito que falar. (E non mal precisamente).
E... esta é a pregunta:
¿ Quen sabe realmente a orixe dos callos?
¿Os cronistas? ....
¡Non!
¿Os historiadores?.....
¡Non!
¿Os cientificos?
¡Non!
¿Os do CESID?
¡Non!
¿Os eruditos e estudiosos?
¡Non!
Ninguen pode fehacientemente dar unha resposta a esta pregunta. É un segredo tan ben gardado, que nin sequera o coñecen os de “Aquí hai tomate”.
Por iso estamos hoxe aquí, Fulano, Mengano e Citano para despexar esa historica incognita.
Todo comezou alá polo ano XXL, que non é que fora un ano moi grande e que os romanos sempre foron moi raros e escribian así : “XXL”. Pois ben, o dia III do mes IX (da era cristiana), chegaron os romanos . E viñan desde Tui.
Ao chegar ao Porriño intentaron saber por onde tiñan que ir a Salceda e claro, tal como estaban os letreiros indicadores, ali non habia romano que se aclarase. Non se aclaraba nin Xupiter que era o pai dos deuses romanos, ou sexa, que ali non se aclaraba nin dios, igual que pasa agora.
Pois ben: Colleron a apia 7 ,ou sexa, a AP7, cando tiñán que coller a AP 5, e acabaron metendose pola AP 3 que desemboca na AP 6, que por certo estaba moi perto da AP 8 e era moi facil confundirse con a AP4. De xeito que, cando se deron conta, estaban diante dun posto de peaxe, que lles queria cobrar. 5 eurums por cuadriga, 1 eurums por estandarte, 20 eurums por catapulta e 50 eurums por lexion.
En vista deste intento de estafa montaron unha manifestacion de tal calibre que viu un da xunta que era do BNG da epoca ( bonus non gananciais) que sabia muito de manifestacions e dixo: nembergantes quizais eu coido que neste intre... o mellor e deixalos pasar sen pagar” e logo dixo mui baixiño: nembergantes quizais eu coido que xa o pagaran noutro intre con impostos “indirectos”.
O caso foi, que os romanos, a pesar da trampa dos letreiros da autovia, chegaron a Salceda enviados por Pacus Vazquez Ex-Cacículum Coruñorum que precisamente estaba en Roma expropiando ao Papa pra construir un aparcadoiro subterraneo debaixo da praza de S. Pedro.
E vos diredes: ¿Que ten que ver todo isto cos callos de Salceda? Pois muito; xa que, precisamente, estas lexions romanas viñan comandadas por un xeneral cuxo nome era nin mais nin menos nin menos nin mais... que Callo. Si amigos: ¡Chamabase Callo! ¡Callo de nome e Callo de apelido!. E ai empezou todo.
Este tal Callo non viña só, viña coa sua muller, que por certo tamen era un callo, e un feixe de fillos. E claro como aqui en Galicia somos moi dados a porlles alcumes ás familias, a estes acabaron por chamarlles Os Callos.
¿A onde vas?
¡Vou ve-los Callos!
¿De onde vés?
¡Da casa dos Callos!
Callos por aqui e Callos por alá...
Enton Callo, o patriarca dos Callos, (que so sabian comer, pizza, calamares e merluza a la romana) chamou a un politico local que, por certo, era o asesor de Papadas, Festas e Magostos, un tal Xaime primeiro O Programador, e dixolle :
“Organizame pra o mes que ven, o mes VIII unha festa gastronomica, con concurso publico incluido, no que se premiara a quen sexa capaz de cociñarnos algo diferente, porque eu Callo, a miña muller e os meus fillos, estamos fartos de comer sempre a mesma merda.
Ao concurso, que tiña como premio unha figurita de Sagadeluns, como era normal na época, concorreron , exactamente, 401 concursantes. Dos cales 400 apareceron con empanadas de carne e de bonito, e foron rexeitados. A Praza enmudeceu....A xente comentaba polo baixiño.... ¡Non lle gustan as empanadas!...
¡A quen se lle ocorre facer Pizzas con tapadeira! Dixo Callo, que xa estaba desesperado. E a continuación berrou... ¡Garda Pretoriana!: Prendede a eses 400 ousados. A 200 mandadeos a galeras e aos outros 200 condenadeos a presenciar o Debate sobre o estado da Nación.
Pero, de súpeto, presentouse o ultimo concursante, o que facía o numero 401, que por certo chegou tarde e estivo a piques de quedar fora, era unha muller de cabelo dourado a quen todos chamaban a Louriña, esposa dun home tamen louro a quen polo seu caracter algo frio a xente o chamaba Frigo-Louro.
A Sra Louriña presentou no concurso un prato totalmente descoñecido. Enton o Xeneral Romano ordeou aos dous catadores privados da familia que comeran para que comprobasen que non tiña veleno.
Os catadores, que por certo chamabanse Alvarum Cunqueirum e Xose María Castrovellum, comezaron a proba:
Aroma...?
Mmmm!
Cor...?
¡Mmmm!
¿Textura...?
Mmmmm
¿Sabor...?
Mmmmmmmmmm!!!!
¿Nota...?
XUuuuuuuuuuuuuuu...Xuuuupiteeer!
Non so arrapañañaron co prato enteiro senon que zamparon meia páila , tres barras de pan e catro botellas de viño e dirixindose á familia romana exclamaron:
¡¡“Vivan os callos!!”
Inmediatamente o Xeneral Callo baixou da tribuna, probou, e acabou zampando a outra metade da páila, xunto con cinco botellas de viño e outras tantas barras de pan ; e largando un arroto que fixo tremer ate o faro de Budiño dixo:
¡¡ “Viva Salceda”!!
Enton o Xeneral dirixiuse a señora Louriña. De novo a Praza enmudeceu. Todos esperaban o peor. ¿Galeras ou debate sobre o estado da Nación?.... Puxolle a man sobre o hombro e..... Felicitouna emocionado, chorando polo picante e dixolle:
“Boa muller”......Quero que me prepares pra dentro de sete dias vinte mil racions desta brebaxe de delicias cárnicas que desde agora e en honor a min e a miña familia chamaranse “Callos”.
Pero Home, D. Callo, contestoulle a señora Louriña, pra facer 20.000 racions vou ter que montar unha fabrica.
¡Pois montaa!.. ¿A que esperas? Fala co alcalde e que che faga unha concesión gratuita de terreos municipais ... E como compensacion, o pan e o viño corren da miña conta
E o asesor de Papadas, Festas e Magostos, o tal “Xaime I o programador”, subido ao tellado do Auditorio Municipal, dixo: Queda convidada toda a comarca. Poremos fachos acesos pra iluminar a praza do Concello, traeremos as mellores atraccions internacionais e aos saltimbanquis Fulanus, Menganus e Citanus pra que nos alegren a festa se é que poden.
E así comezou a descoñecida e verdadeira historia dos Callos de Salceda. Pero isto só foi o principio. Séculos mais tarde chegaron os arabes; viñan de percorrer toda a Peninsula, o camiño fora longo e viñan mortos de fame. Despois de darse unha panzada descomunal de Callos, puxeronse a cantar ....
Dale a tu cuerpo alegria macarena
Dale alegria que el callo es cosa buena
Dale alegria con callos de Salceda
Heeei... Macarena, Auumm!!
Tanto lles gustaron os callos que non estaban dispostos a marcharse, querian quedar aquí 700 anos mais. E abofé que a piques estiveron de conseguilo. Foi enton cando o avispado Comendador de Salceda, Dn. Chicho Diaz de Vivar mandoulle ao mouro Almanzor un e-mail anónimo coa formula dos callos.
¡Mi Madriña! Cando os mouros se enteraron de que os callos levaban chourizo e lacon, e dicir, carne de porco, cabrearonse de tal maneira que marcharon escopetados, foron a Santiago arrasaron coa aldea, queimaron todalas xamonerías, arrancaron todolos carteis de “Nunca Mais” arramplaron coas portas e as campás da catedral e levaronas pra Al-Andalus.
E pasaron os séculos....Mais adiante, cando Pedro Madruga, conde de Tui, Vizconde de Camiña, escoitou falar de tan famoso manxar, quixo probalo e viaxou exprofeso a Salceda. Debido a un erro, o mesoneiro confundiuse de mesa e serviulle unha chuleta, Airadamente ollando o prato ergueuse coma un lóstrego e berrando pronunciou aquela memorabel frase : “Nin chuletas nin carallos o que eu quero son callos.”
E asi ate os nosos dias. Poderiamos contar unha chea de anecdotas históricas. Pero sera mellor degustar os callos, que falar deles.
So lembrar á nosa gran poetísa Rosalia de Castro, quen despois de probar os callos e chorando, non sabemos se de emoción ou polo picante dixo :
¡Quen vén a Salceda, como amigo queda!
E se non o dixo ela dicímolo nós
¡¡¡ Feliz festa dos callos de Salceda 2006!!!
Foi lido en Salceda de Caselas o día 3 de Agosto do 2006
No hay comentarios:
Publicar un comentario