Un ano mais a comisión de Festas da Virxe da Concepción 2013, ten o pracer de convidalo a Festa da Concepción de Inverno que celebraremos xunto con todos os veciños e amigos o
vindeiro sábado día 8 de Decembro, coincidindo co dia da nosa Patroa.
A Festa comenzará con misa solemne as 12:30h con procesión.
Unha vez rematada, daremos paso a sesión vermú no Torreiro de Festas de Santa Maria de Salceda na que podrán degustar tapas de callos, chourizos e bo viño da terra, todo isto amenizado polo Grupo SondeVigo.
A partir das 15:30h dará comezo o tradicional “Xogo da Chave” no que os mellores participantes poderán levar bos premios.
Para os mais cativos contamos con divertimento como atraccions, hinchables, etc…
A verbena a partir das 18:30h estará amenizada por o
Grupo SONDEVIGO
e
ORQUESTA XACOBEO de Santiago
Recorden que todo isto celebrarase no Torreiro de Festas de Santa María, o cal estará cuberto cunha gran carpa
Contamos poder ver a todos os veciños e veciñas e esperamos que o cartel de festas sea do seu agrado.
Reciban un cordial saúdo da
Comisión de Festas Virxe da Concepción 2013