A primeira pregoeira da Festa do Xabarín, que este ano correra a cargo de EREA CASTRO participante do concurso "RECANTOS" do programa LUAR da TVG.
O próximo venres 18 de marzo, chegalle o turno de Erea Castro no concurso Recantos que organiza o programa da TVG Luar para descubrir ás novas promesas da canción galega. A cantante de Salvaterra representa a zona do Condado-Paradanta e Baixo-Miño. Durante todo o programa, que comeza ás 22:00, estarán abertas as liñas telefónicas para que os fans e espectadores poidan votar por Erea Castro. Haberá que marcar o número que indicará o presentador do programa, Xosé Ramón Galloso, para apoiar a cantante de Salvaterra de Miño no certame. O concurso Recantos é unha iniciativa do programa Luar para buscar a novas figuras da música galega. Xa sabedes, VOTA POR EREA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario